09 marzo 2026

9 de marzo

Pedro Xosé García Balboa, máis coñecido como frei Martín Sarmiento naceu en Vilafranca do Bierzo o 9 de marzo de 1695 e finou en Madrid o 7 de decembro de 1772.

Con catro meses trasládase coa súa familia a Pontevedra, onde pasou a súa infancia e parte da mocidade. 

O 3 de maio de 1710, con 15 anos de idade, marchou a Madrid para ingresar na orde de San Bieito, ingreso que tivo lugar o 20 de maio do mesmo ano.

Dende 1723 coidou a súa amizade con frei Benito Xerónimo Feijoo, o padre Feixóo, co que mantivo correspondencia ata a súa morte.

A instancias de Sarmiento creouse un interesante espazo en Madrid relacionado coa natureza. Sabes de que falamos?

28 febreiro 2026

28 de febreiro

O 28 de febreiro de 380 é a data aceptada da elevación do cristianismo ao rango de relixión única oficial e obrigatoria polo Edicto de Tesalónica. O emperador era Teodosio I (Flavius Theodosius), nado en Cauca, Hispania (na Gallaecia segundo Hidacio e Zósimo).

Sabes que cidade considera ser a Cauca Antiga?

Verás que parece que Gallaecia chegaba moi lonxe...

24 febreiro 2026

24 de febreiro

A Batalla de Pavía tivo lugar tal día coma hoxe, 24 de febreiro, pero de 1525.

Traemos esta batalla porque nela particpou destacadamente Afonso Pita da Veiga, militar galego que adquiriu gran sona no exército galego dirixido e liderado por Fernando de Andrade polas súas intervencións nas guerras italianas acontecidas entre os anos 1513 e 1525.

Pita da Veiga capturou no campo de batalla do rei Francisco I de Francia.

Sabes cando foi liberado Francisco I?