12 febreiro 2026

12 de febreiro: Irmáns Nodal

Estes días estamos de cambios. Entre eles imos aumentar a presencia en redes sociais, coordinando contidos a Federación ASENCUDEGA e a Asociación AGUEA.

E inicimos hoxe, 12 de febreiro, lembrando aos irmáns Bartolomé e Gonzalo García de Nodal, que foron destacados navegantes e exploradores galegos que lideraron unha exitosa expedición (1618-1619) enviada por Filipe III para explorar os estreitos de Magallaes e de Le Maire, descubrindo as Illas Diego Ramírez, un 12 de febreiro de 1619. 

Sabes onde están?

Ningún comentario:

Publicar un comentario